lunes, 7 de julio de 2008

I CURSO DE ORQUESTRA E CAMARA



ABERTO O PRAZO PARA O CURSO QUE SE IMPARTIRA NA ESCOLA DE MÚSICA DE BURELA NA ÚLTIMA SEMA DE AGOSTO DO 2008





Iº CURSO DE MÚSICA DE CÁMARA E ORQUESTRA



Do 25 ao 29 de Agosto 2008













Concertos de cámara durante a semana





29 de Agosto Concerto final de alumnos e profesores.







Contactos:



Escola de Música de Burela (ESMUBU)



Rúa do Cancelo, nº 1. Tfno.: 608.555.015



27880 BURELA



.



Director da Escola:



Xan Carballal. Tfno.: 677.838.812





Profesores colaboradores da escola



Julián Villamor, Olalla Canoura, Xulia Nogueira, Luís Iglesias, Israel Arranz e Roberto Bouça





Aloxamentos:



JR PENSIÓN * 982-58-15-57



MESON DA PEDRA HOSTAL 982-58-53-57



VALLE DE ORO HOSTAL * 982-58-00-80



ROMPEOLAS HOSTAL ** 982-58-53-02



PALACIO DE CRISTAL HOTEL 982-58-58-03









Concello de Burela





Delegación de Educación

martes, 24 de junio de 2008

"I SEMINARIO DE JAZZ" de Burela


Se informa que xa está aberto o prazo para matricularse no "I SEMINARIO DE JAZZ" de Burela que terá lugar na Escola de Música de Burela dende o día 28 de Xullo ata o 1 de Agosto cos profesores de ESTUDIO escola de música, José Nine e Javier Constenla.

O curso é libre y pode matricularse calquera que así o desexe e no nivel que esté, pois é tanto para os que se quran iniciar como para os xa iniciados no jazz.

Esta información é para que podades programarvos no verán para que podades acudir a dito seminario o cal será moi interesante e se aprenderá teoría e, sobre todo, a súa práctica.

jueves, 22 de mayo de 2008

LIMIAR

A Escola de Música de Burela comeza a súa andadura alá polo ano 1997.
Naquel entón formaban o corpo de mestres :

· Xan Carballal coma mestre de violín e director da Escola.
· Orestes Reyes coma mestre de viola.
· Xulia Nogueira coma mestre de violonchelo.
· Marcos Galán coma mestre de vento madeira.
· José Antonio Gómez coma mestre de vento metal.
· Javier García coma mestre de percusión.

Cando comezamos a funcionar a Escola contaba cuns setenta alumnos, a matrícula foi aumantando e na actualidade hai aproximadamente cen alumnos.
Tamén houbo cambios en canto ao profesorado, por ela pasaron mestres coma Maria Luisa Otero mestra de piano, Mª Jesus Trastoy mestra de frauta travesera, Mercedes Lopez mestra de piano, Mercedes Autran mestra de percusión, Mª Inmaculada Lorenzo mestra de frauta travesera, Miguel Fernandez mestre de saxofón, Alberto Prado mestre de saxofón, Luis Rodil mestre de frauta travesera e Ignacio Sanz mestre de percusión

Na actualidade os mestre son os que seguen:
1. Xan Carballal (violín, armonía, orquestra).
2. Olalla Canoura (violín).
3. Xulia Nogueira (violonchelo, música e movemento,coro).
4. Julián Villamor (clarinete, linguaxe musical, ensemble clarinetes).
5. Roberto Bouça (saxofón, fagote, banda, linguaxe musical).
6. Luis Iglesias (trompeta, trompa, trombón, bombardino, cámara metais, linguaxe musical).
7. Israel Arránz (percusión, grupo de Jazz, piano, linguaxe musical).

Tres dos nosos mestres ocupan cargos directivos:
Xan Carballal coma director, Julián Villamor secretario e Xulia Nogueira xefa de estudos.

Dentro das distintas agupacións que se forman na escola hai algunhas destacadas, coma a banda, o grupo de jazz e o coro de moi recente formación.
As asignaturas que se están a impartir neste curso 2007/08 son as seguintes:
· Música e movemento para nenos de 4 a 8 anos.
· Linguaxe musical para nenos de 8 anos en diante.
· Diferentes instrumentos de corda coma violín , viola, chelo, contrabaixo e piano.
· Instrumentos de vento madeira coma clarinete, saxo, óboe, fagote.
· Instrumentos de vento metal coma trompeta, trompa, tuba, bombardino.
· Instrumentos de percusión.
· Música de cámara tanto para instrumentos de vento coma para instrumentos de corda.
· Coro.
· Música de Jazz tanto nos aspectos teóricos coma nos prácticos.
· Banda.
· Armonía, análise musical e transposición.
· Orquestra.