jueves, 22 de mayo de 2008

LIMIAR

A Escola de Música de Burela comeza a súa andadura alá polo ano 1997.
Naquel entón formaban o corpo de mestres :

· Xan Carballal coma mestre de violín e director da Escola.
· Orestes Reyes coma mestre de viola.
· Xulia Nogueira coma mestre de violonchelo.
· Marcos Galán coma mestre de vento madeira.
· José Antonio Gómez coma mestre de vento metal.
· Javier García coma mestre de percusión.

Cando comezamos a funcionar a Escola contaba cuns setenta alumnos, a matrícula foi aumantando e na actualidade hai aproximadamente cen alumnos.
Tamén houbo cambios en canto ao profesorado, por ela pasaron mestres coma Maria Luisa Otero mestra de piano, Mª Jesus Trastoy mestra de frauta travesera, Mercedes Lopez mestra de piano, Mercedes Autran mestra de percusión, Mª Inmaculada Lorenzo mestra de frauta travesera, Miguel Fernandez mestre de saxofón, Alberto Prado mestre de saxofón, Luis Rodil mestre de frauta travesera e Ignacio Sanz mestre de percusión

Na actualidade os mestre son os que seguen:
1. Xan Carballal (violín, armonía, orquestra).
2. Olalla Canoura (violín).
3. Xulia Nogueira (violonchelo, música e movemento,coro).
4. Julián Villamor (clarinete, linguaxe musical, ensemble clarinetes).
5. Roberto Bouça (saxofón, fagote, banda, linguaxe musical).
6. Luis Iglesias (trompeta, trompa, trombón, bombardino, cámara metais, linguaxe musical).
7. Israel Arránz (percusión, grupo de Jazz, piano, linguaxe musical).

Tres dos nosos mestres ocupan cargos directivos:
Xan Carballal coma director, Julián Villamor secretario e Xulia Nogueira xefa de estudos.

Dentro das distintas agupacións que se forman na escola hai algunhas destacadas, coma a banda, o grupo de jazz e o coro de moi recente formación.
As asignaturas que se están a impartir neste curso 2007/08 son as seguintes:
· Música e movemento para nenos de 4 a 8 anos.
· Linguaxe musical para nenos de 8 anos en diante.
· Diferentes instrumentos de corda coma violín , viola, chelo, contrabaixo e piano.
· Instrumentos de vento madeira coma clarinete, saxo, óboe, fagote.
· Instrumentos de vento metal coma trompeta, trompa, tuba, bombardino.
· Instrumentos de percusión.
· Música de cámara tanto para instrumentos de vento coma para instrumentos de corda.
· Coro.
· Música de Jazz tanto nos aspectos teóricos coma nos prácticos.
· Banda.
· Armonía, análise musical e transposición.
· Orquestra.