lunes, 25 de mayo de 2009

CONCERTO EN FAMILIA 18-12-2008

Coma todos os anos a Escola de música ofrece o seu tradicional Concerto en familia, co que se pretende unir por unas horas a tódalas xentes implicadas na marcha da escola, os papás, os alumnos e os mestres.
Nesta ocasión e coma non podía faltar comezou o concerto co Coro infantil formado polos nenos de música e movemento e coro.
A continuación varios grupos de música instrumental deleitaron aos asistentes. O grupo de vento dirixido por Xulián, o de corda por Xan , os percusionistas por Israel e una breve aparición da Aula de música vocal capitaneada por Xulia e a recentísima Banda infantil dirixida por Roberto.
Coma presentador participou Xan, que coma sempre deu sendas mostras da súa fluidez verbal.
As miñas felicitacións para todos.
Ata a próxima cita.

Próximos concertos:
15 DE ABRIL.CONCERTO NOS COLEXIOS.
4 DE XUÑO. CONCERTO DIDÁCTICO.
17 DE XUÑO. CONCERTO FIN DE CURSO.
















lunes, 20 de abril de 2009

RECITAL VIOLIN E PERCUSIÓN ESMU DE BURELA

O 5 de Decembro, os alumnos de violín e percusión da escola de música de burela ofreceron o seu 1º concerto do curso. Tras superar os nervios iniciais, os rapaces demostraron a todos os asistentes o resultado do traballo realizado ata o momento. Para os de percusión e os máis cativos de violín era o seu primeiro concerto como solista, amosando gran desenvoltura ó público, quen soubo valoralo con efusivos aplausos tras cada intervención.
A valoración final do evento foi moi positiva dende os diferentes puntos de vista (alumnos, pais, profesores…), á par que motivadora, o que fai que estemos traballando nos seguintes recitais.
Dende aquí, damos as gracias a todos os asistentes ó concerto, así como, ós alumnos que traballarón para que este se levara a cabo, e, especialmente agradecemos a paciencia da nosa pianista acompañante, Silvia Amigo. Convidámosvos a todos a acudir a estas actividades organizadas pola escola de música, a fin de crear un ambiente musical e familiar.




















CONCERTO DIDÁCTICO DE PEDRO E O LOBO

A Escola de Música en colaboración co Instituto Monte Castelo representaron no Auditorio municipal o conto musical “ Pedro e o lobo”.
Os alumnos e mestres do instituto encargáronse da posta en escea mediante animación, utilizando debuxos animados, telas, pantalla de cine, luces de cores, etc. Pola súa banda, alumnos e mestes da Escola de Música puxeron á música en escea.
A obra foi interpretada para uns 600 escolares dos centros educativos de Burela e Cervo, en dúas funcións na xornada matinal do 23 de maio de 2008.
Con esta grande representación quixemoslles amosar aos rapaces que a música clásica non ten que ser aburrida, que se pode disfrutar dela de moitos xeitos.


XULIA NOGUEIRA

FOTOS PEDRO E O LOBO