lunes, 20 de abril de 2009

RECITAL VIOLIN E PERCUSIÓN ESMU DE BURELA

O 5 de Decembro, os alumnos de violín e percusión da escola de música de burela ofreceron o seu 1º concerto do curso. Tras superar os nervios iniciais, os rapaces demostraron a todos os asistentes o resultado do traballo realizado ata o momento. Para os de percusión e os máis cativos de violín era o seu primeiro concerto como solista, amosando gran desenvoltura ó público, quen soubo valoralo con efusivos aplausos tras cada intervención.
A valoración final do evento foi moi positiva dende os diferentes puntos de vista (alumnos, pais, profesores…), á par que motivadora, o que fai que estemos traballando nos seguintes recitais.
Dende aquí, damos as gracias a todos os asistentes ó concerto, así como, ós alumnos que traballarón para que este se levara a cabo, e, especialmente agradecemos a paciencia da nosa pianista acompañante, Silvia Amigo. Convidámosvos a todos a acudir a estas actividades organizadas pola escola de música, a fin de crear un ambiente musical e familiar.



















No hay comentarios: